Wednesday 24 de April de 2024

O Consello da Memoria Democrática inicia unha nova etapa co firme propósito de recuperar a Casa Cornide


 

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de constitución do novo Consello que continuará cos traballos de supresión da simboloxía franquista e reabrirá a Oficina de Atención ás Vítimas que pasará a ser de titularidade municipal

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde, xunto ao concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, o acto de constitución do novo Consello da Memoria Democrática, entidad encargada de desenvolver as políticas municipais destinadas á recuperación da memoria histórica das vítimas da Guerra Civil e a Ditadura.

Un dos principais retos do novo Consello é a recuperación da Casa Cornide. Que o inmoble pase a ser de novo patrimonio público é un dos firmes propósitos do recentemente nomeado Consello. A súa intención é que o edificio sexa declarado Ben de Interese Cultura, BIC, para poder abrilo ao público como un primeiro paso para recuperar a súa titularidade. Para iso, o Goberno local, encargoulle ao historiador Alfredo Vigo, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago, que elabore un informe para iniciar o trámite de protección do inmoble. Un traballo que supervisará a comisión que coordinará Emilio Grandío, do Instituto Cornide

O Consello tamén deu luz verde para que continúen os traballos de retirada da simboloxía franquista postos en marcha por unha comisión do anterior executivo da Marea Atlántica, así como a reapertura da Oficina de Atención a Vítimas, cuxo traballo coordinará a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña. A partir de agora, a oficina será municipal. Tamén lle deu o visto e prace á creación dunha web. Unha plataforma de comunicación das actividades do Consello que contará cun arquivo e biblioteca virtual da Memoria Histórica.

Ademais dos representantes do Goberno local e membros da Corporación municipal, o consello conta entre os seus integrantes con membros do Ateneo Republicano, do Instituto

Cornide, da Real Academia Galega, da Universidade da Coruña, así como representantes de Asociacións pola Recuperación da Memoria Histórica da cidade e historiadores de recoñecido prestixio.

O novo Consello:

Presidenta: Inés Rey García, alcaldesa da Coruña

Vicepresidente: Jesús Javier Celemín Santos, concelleiro de Cultura

Concelleira/o designada/o polo Grupo Socialista. Titular: Yoya Neira Fernández. Suplente: Juan Manuel Díaz Villoslada

Concelleiro designado polo Grupo Marea Atlántica. Titular: Iago Martínez Durán. Suplente: Alberto Lema Suárez

Concelleiro designado polo Grupo Popular. Titular: Roberto Rodríguez Martínez. Suplente: Roberto Coira Andrade

Concelleira/o designada polo Grupo Bloque Nacionalista Galego. Titular: Avia Veira

González. Suplente: Francisco Jesús Jorquera Caselas

Concelleira designada polo Grupo Ciudadanos. Mónica Martínez Lema

Representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña: Titulares: Fernando Souto Suárez e Rubén Afonso Lobato. Suplentes: Concepción Sánchez Sánchez e Xesús Díaz Díaz

Representantes da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Titular: Carmen

Garcia-Rodeja Arribí. Suplente: José Manuel López Tuñas

Representante do Ateneo Republicano. Titular: José Alfeirán Rodríguez. Suplente: Alicia

Castro Barreda

Representante da Real Academia Galega. Titular: Xesús Alonso Montero. Suplente: María

Pilar Jiménez Aleixandre